martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasLouriñaO Porriño xestiona facilidades de pago nas cotas do IBI da revisión...

O Porriño xestiona facilidades de pago nas cotas do IBI da revisión catastral

O Concello solicitou á Deputación de Pontevedra o aprazamento e fraccionamento das liquidacións e que non se cobren xuros de demora das cotas atrasadas.

O Concello do Porriño vén de solicitar á Deputación de Pontevedra o aprazamento e fraccionamento do pago das cotas do IBI resultantes da revisión da valoración catastral iniciada no ano 2021 para intentar reducir o impacto desta medida na economía dos porriñeses e porriñesas.

“Este procedemento ten unha inicidencia considerable no Porriño, afectando ao redor de 14 mil parcelas”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “tendo en conta que ten carácter retroactivo, con efectos tributarios dende xaneiro de 2016, supoñerá unha considerable presión fiscal sobre os contribuíntes porriñeses» e lembra que «isto é algo que xa advertimos no seu momento, facer pagar aos cidadáns o correspondente aos últimos catro anos sin negociar dende o Concello un fraccionamento ou alternativa era inadmisible”.

Para facilitar a xestión das liquidacións e dar maiores facilidades de pagamento aos  afectados, o Concello solicitou ao ente provincial que se emitan as liquidacións de xeito gradual e que, na medida do posible, non se liquide máis dun exercicio pechado en cada anualidade. É dicir, que se fraccione o pago de oficio e que non se acumulen máis de dous recibos do IBI coas novas valoracións.Ademais, pediuse que se incrementen os prazos das fraccións e meses de aprazamento e que non se cobren os xuros de demora. 

“Neste momento, tras dous anos de pandemia, a situación económica para moitas familias non é doada e dende o Concello faremos todo que estea na nosa man para minimizar a carga fiscal e adaptala a esta realidade”, concluíu o alcalde. 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS