Galicia supera a cifra dos 3.000 falecementos por coronavirus desde o inicio da pandemia. Tras sumar 21 novos decesos notificados polo Sergas, Galicia acada a cifra de 3.008 mortos pola COVID-19.
Galicia baixa dos 50.000 casos activos de COVID-19. Rexistra actualmente 49.376 persoas con coronavirus en Galicia.
Na última xornada diagnosticáronse 3.195 novos contaxios.
Baixan os positivos en todas as áreas sanitarias. A baixada máis acusada, a de Vigo:
A Coruña: 10.790 (-433)
Vigo: 12.161 (-731)
Ourense: 4.791 (-242)
Santiago: 8.895 (-220)
Lugo: 5.107 (-258)
Pontevedra: 5.287 (-195)
Ferrol: 2.345 (-106)
Os hospitalizados por coronavirus baixan dos 700 e quedan en 692: Hai 646 contaxiados en planta e 48 en UCI.