martes, diciembre 3, 2024
InicioUncategorisedPortugal estuda eliminar a corentena aos asintomáticos

Portugal estuda eliminar a corentena aos asintomáticos

A Dirección Xeral da Saúde de Portugal admite a posibilidade de que en breve os positivos asintomáticos non teñan que illarse na casa. Os bos datos epidemiolóxicos e a baixa presión nos hospitais facilitan o alivio de restricións. 

Actualmente en Portugal as restricións máis importantes pasan pola utilización de máscara en interiores, pasaporte Covid para entrar en organismos oficiais, restaurantes e hoteis e unha proba negativa para acceder a pubs e discotecas.

É un novo paso do país luso para a eliminación das restricións, despois de que o pasado 5 de xaneiro baixase de 10 a 7 os días de corentena para os illados por COVID-19.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS