Os casos activos seguen aumentando en Galicia, acadando a cifra de 68.419 persoas contaxiadas, ao diagnosticarse máis de 6.000 novos casos na última xornada. Acontece a só un día de que se levanten restricións na hostalería, volva o ocio nocturno ata as 5.00 horas e volvan os concertos de pé.
A pesar das altas médicas dadas, Galicia suma nesta xornada 2.055 positivos máis ao detectarse máis novos positivos que o día anterior; un total de 6.362 novos positivos nas últimas 24 horas.
Todas as áreas sanitarias volven subir os seus positivos:
Vigo: 18.057 (+744)
A Coruña: 14.706 (+304)
Santiago: 10.754 (+465)
Pontevedra: 7.729 (+102)
Ourense: 6.986 (+173)
Lugo: 6.927 (+217)
Ferrol: 3.260 (+50)
A parte boa está nos hospitais, onde baixou o número de persoas ingresadas. Hai 6410 hospitalizados: 44 en UCI (-4) e 596 (-1) en planta.
Os decesos non cesan. O Sergas notificou oito decesos máis por mor da covid, que alzan a cifra a 2.910 falecementos desde o inicio da pandemia.
Novidades desde este sábado, 29 de xaneiro:
-As discotecas poden abrir ata as 5.00 horas a fin de semana.
-Pódese consumir en barra.
-Volven os concertos e espectáculos con público de pé con máscara.
-Liberdade de mobilidade de 3 a 6 da madrugada con non conviventes.
-En mesa na hostalería: máximo de 8 en interior e de 15 en exterior.
-Seguirá esixíndose o certificado COVID.