Sobre as 16:00 horas da tarde iniciouse un lume no piso dunha das plantas do inmoble.
Un lume, que se orixinou na cociña dunha vivenda na Rúa Virxen dos Remedios, provocou que os Bombeiros de Ponteareas tiveran que desaloxar aos veciños e ás veciñas do inmoble. Os propietarios do piso no que comezou o incendio tiveron que ser atendidos pero están en bo estado e non hai que lamentar darnos persoais. Ata o lugar dos feitos acudiron efectivos da Garda Civil, Bombeiros de Ponteareas, Policía Local e Emerxencias Sanitarias.
A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, ofreceu os servizos municipais no caso de que algunha persoa afectada precise roupa, alimentos ou, incluso, un sitio no que realoxarse.