Sergio Fernández ía ser roubado en Naucalpan e quixo evitalo
Un xove veciño do Porriño pero afincado en México, Sergio Fernández, alcumado Race Horce (Cabalo de carreiras), morreu este martes dos disparos de dous atracadores que pretendían roubarlle o coche, segundo indicaron persoas próximas ao falecido. Sergio, culturista de profesión, era dono dun ximnasio na cidade de Naucalpan, o PopeyesGym onde adestraba a numerosas persoas, moitas a través de intenet, e era moi popular no mundo do culturismo.
O atraco produciuse precisamente ás portas do ximnasio onde traballaba, da colonia Las Huertas terceira sección, municipio de Naucalpan Edomexy. Aínda que moitos detalles non transcenderon, dúas persoas armadas tentaron roubar o seu coche ao que quixo opoñerse polo que lle dispararon ocasionándolle a morte. Non consta que existan detidos por estes feitos. A rexión é unha das zonas convulsas de México con atracos e mortes a diario.
Sergio de 39 anos era unha persoa moi querida no Porriño onde máis novo rexentou o pub “A cova dos tranos”e levaba sempre a cruz na procesión do Cristo, xa que era crente.
Tras vivir en Finlandia e Dubai trasladouse a México, onde vivía en parella cun fillo.