Folga no sector conserveiro de Galicia. Comezou este venres e continuará os días 3 e 4 de febreiro para pedir un «convenio digno» que contemple subidas salariais e o fin da brecha salarial do sector con discriminación para as mulleres.
A Federación Española de Asociacións de Industrias de Transformación e Comercializadores de Produtos da Pesca e da Acuicultura, Feicopesca, defendeu a súa proposta de convenio colectivo e acusou aos sindicatos de «volver ás súas posturas iniciais de máximos», a pesar de ter chegado a «importantes avances», convocando «de forma sorpresiva» tres xornadas de folga.
CC OO, CIG e UXT convocaron os paros para reclamar «un convenio digno» e denunciaron a 2ruptura unilateral2 das negociacións por parte da patronal. Así, as centrais esixen un acordo que contemple subidas salariais para garantir o poder adquisitivo, favorecer a promoción interna, ou acabar coa brecha de xénero, entre outras demandas.
Houbo manifestación cno pancartas diante da delegación da Xunta en Vigo.
En resposta, Feicopesca lamenta a folga que ve «inxustificada» ao haber «unha proposta empresarial que achegaba posturas ante as súas principais demandas».
A patronal fala de «deslealdade» ao convocar a folga por sorpresa, cando estaba prevista unha reunión para o 27 de xaneiro.