A farmacéutica Moderna anuncia que para o ano que vén terá lista a vacina única contra a covid–19 e a gripe.
Esa vacina sería unha dose de reforzo anual, para que as persoas eviten ter que vacinarse dúas ou tres veces no inverno.
Segundo o conselleiro delegado da compañía, ao reducirse a frecuencia das doses de reforzo, evitaríase o rexeitamento á vacinación.
Os traballos pertinentes nos seus laboratorios finalizarán nas próximas semanas.
O anuncio fixoe por parte do conselleiro delegado no Foro de Davos este pasado luns.