lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasParadantaCovelo rexistra un terremoto de 3,1 na escala Richter

Covelo rexistra un terremoto de 3,1 na escala Richter

O Concello de Covelo leva varios días encadeando pequenos movementos sísmicos, pero o máis intenso rexistrouse este este martes pola mañá que acadou o 3,1 na escala Richter. O tremor notouse tamén nas Neves, Mondariz e Ponteareas.

Pequenos movementos sísmicos con epicentro no concello de Covelo (Pontevedra) lévanse notado desde hai varios días, con intensidades entre 1,6 e 3 segundo a escala Richter. Con todo non se rexistraron danos.

O rexistro do Instituto Xeográfico Nacional ten os datos. O primeiro dos tremores notouse o pasado domingo, sobre as 15.30 horas e a magnitude foi de 2,3. O luns rexistrouse outro tremor, pasadas as 21:00 horas, de magnitude 2.

Na madrugada e a mañá deste martes tamén se rexistraron varios movementos sísmicos.

Segundo o Instituto Xeográfico Nacional, o primeiro deles tivo lugar ás 1:00 horas da madrugada e alcanzou a magnitude 2,3.

Durante toda a madrugada producíronse pequenos terremotos, de magnitude inferior a 2, pero ás 8:33 horas desta mañá tivo lugar un tremor de intensidade 3,1. Este sismo notouse en Covelo, As Neves, Mondariz e Ponteareas e, poucos minutos despois de producirse, rexistrouse unha réplica de menor intensidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS