domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasO CondadoPonteareas esteriliza a máis de 100 gatos de 14 das súas 17...

Ponteareas esteriliza a máis de 100 gatos de 14 das súas 17 colonias felinas

Durante o primeiro trimestre colacaranse en todas as colonias sinalización e unhas casetas para alimentos.

O Concello de Ponteareas, a través da concellaría de Medio Ambiente que dirixe Rosa Covelo Alonso, xa esterilizou a máis de 100 gatos de 14 das 17 colonias felinas que hai na vila. A edil explica que, ademais da esterilización, “tamén os identificamos e aproveitamos para realizar unha limpeza e instalar unhas casetas para botarlles a comida e que non se molle, evitando así os tuppers, o impacto visual e os plásticos no lugar”. Durante os vindeiros meses tamén se instalará sinalización para informar das colonias que xa se controlaron. 

A concelleira quere “agradecer o traballo indispensábel da Asociación Biosbardos”, xa que sen as persoas voluntarias non sería doado realizar os traballos con eficacia. O Concello está a aplicar a estratexia C.E.S (Capturar-Esterilizar-Soltar), que supón atrapar a maior cantidade de gatos da colonia, tanto machos como femias, para, posteriormente, esterilízalos. Unha vez pasadas 48 horas de recuperación, sóltanse na súa colonia cun marcador que facilita a súa posterior identificación e control. Este método é o recomendado pola Organización Mundial da Saúde para evitar a proliferación dos felinos. 

Rosa Covelo destaca que a estratexia que están a seguir no Concello é a máis eficiente na optimización e inversión de recursos, facilita a xestión da adopción dos felinos, diminúe o gasto público e privado no control de pragas, xa que espantan outros animais coma as ratas, mellora o benestar social, tanto animal como humano, prevén os brotes de enfermidades, mantén boas condicións de hixiene nas colonias, e, por suposto, reduce en gran medida a poboación de felinos de maneira sostible e ética co seu benestar. 

Para a edil estas intervencións son unha iniciativa máis que demostra “que queremos facer de Ponteareas un lugar sostible no que os animais que nos rodean e as persoas podan convivir en harmonía”, conclúe.

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS