domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasO CondadoVolven as actividades ao Centro Social do Maior en Leirado

Volven as actividades ao Centro Social do Maior en Leirado

Ofertan cursos sobre diversas materias como ximnasia, memoria, pilates ou internet, entre outras.

Volven as actividades de dinamización no Centro Social do Maior, ubicado na parroquia de Leirado. Este edificio, onde se ubicaba o antigo consultorio médico, foi rehabilitado polo grupo de goberno «co fin de dotar dun espazo exclusivo aos nosos maiores, un espazo onde poidan convivir, realizar actividades e socializar», segundo apunta a adminsitración local.

Por este motivo, o Concello de Salvaterra vén de sacar un listado de novos cursos e actividades de diversa índole, que se levarán a cabo no Centro durante os meses de marzo a Decembro do 2022. Teñen que ver con materias como a ximnasia, memoria, pilates, internet, restauración, pintura, entre otras materias, son algunhas das actividades propostas.

Para participar nas diferentes actividades ofertadas polo Concello de Salvaterra de Miño no Centro Social do Maior, cómpre inscribirse en animacionenredos@gmail.com ou no teléfono 644 896 840 / 986 658 126  ou en información no Concello.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS