martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasVal de MiñorGondomar ofrece un obradoiro de autodefensa para mulleres

Gondomar ofrece un obradoiro de autodefensa para mulleres

Xa está aberto o prazo para inscribirse e o obxectivo é «dotar ás mulleres de todas as ferramentas para defenderse ante situacións violentas».

 O curso, concedido pola Secretaría Xeral de Igualdade, desenvolverase os  próximos días 18 e 20 de xaneiro no Centro Neural do municipio, en horario de mañá. Trátase dun curso de adestramento físico e psicolóxico para crear protocolos de actuación ante as distintas situacións que se poidan atopar as participantes. 

Un monitor especialista en defensa persoal, docente da Academia Galega de  Seguridade e membro da Federación Galega de Loita, será o encargado de dar as nocións  básicas en materia de autodefensa ás participantes. 

As interesadas poderán inscribirse nas oficinas do Centro de Información á  Muller (CIM), situada nas dependencias do antigo Centro de Saúde, ou a través dos  teléfonos 986 360 224 e 986 389 355. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS