Os casos activos seguen aumentando en Galicia e xa se superan os 61.500 positivos ao ser diagnosticadas 4.106 persoas contaxiadas nas últimas 24 horas. Nos hospitais hai 394 persoas hospitalizadas, tras ingresar 18 persoas na última xornada.
A área sanitaria de Vigo supera os 13.000 casos pero as da Coruña e Santiago xa superan os 11.000 positivos tamén:
Vigo: 13.559 (+283)
A Coruña: 11.597 (+562)
Santiago: 11.355 (+265)
Pontevedra: 7.494 (+140)
Ourense: 7.454 (+290)
Lugo: 6.182 (+211)
Ferrol: 3.994 (+193)
Nos hospitais galegos ingresaron con COVID-19 ata 18 persoas na última xornada; hai agora 394 persoas ingresadas, 243 en planta e 51 en UCI.
O Sergas notificou cinco decesos por mor da covid na última xornada, que alzan a cifra a 2.805 falecementos desde o inicio da pandemia. O máis novo dos 5 tiña 58 anos e finou na área de Vigo.