As nenas e nenos de 5 a 11 anos teñen de balde, nas farmacias, desde este venres 7 de xaneiro, un test nas súas tarxetas sanitarias para poder asistir á escola o vindeiro luns, 10 de xaneiro, con máis tranquilidade de non estar contaxiados de coronavirus.
Son 150.000 as nenas e nenos galegos destra franxa de idade que teñen acceso gratuíto a unha destas probas de saliva que deberán facerse nos seus domicilios coa axuda dos seus pais ou titores legais.
Este é o segundo test gratuíto para os nenos de 5 a 11 anos, que se poderá recoller co cartón sanitario nas farmacias adheridas a esta iniciativa. No mes de decembro a Xunta tamén puxo a disposición estes test, aínda que moitos pais quedaron sen eles por falla de existencias nas boticas máis próximas aos seus domicilios.
A Xunta de Galicia non ten dúbida de que os centros escolares son seguros, e así deben seguir, para o que é necesario avanzar na inmunización da comunidade escolar, xa que a volta ao colexio o día 10 será presencial.