Os adultos vacinados non teñen que confinarse se están vacinados e cumpren as medidas preventivas contra a COVID-19 cando sexan contactos estreitos dun positivo. Tampouco teñen que confinarse nese caso os estudantes de máis de 12 anos coa pauta completa. Si terán que aillarse os menores de 12 anos.
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez:
Batalla para a conciliación mentres non teñan a pauta completa da vacina da COVID-19 os estudantes de 5 a 12 anos. En caso de dar positivo un alumno da súa clase terán que quedar confinados nas súas casas, aínda que os seus proxenitores deberán ir traballar igualmente.
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, defende a volta ás escolas para o próximo luns, 10 de xaneiro, de forma presencial.
Rodríguez garante que se cumpren todos os protocolos de seguridade para evitar contaxios.
«Son espazos seguros desde a perspectiva sanitaria. Non son espazos onde se amplifique a situación sanitaria. Teñen que cumprir a súa función e a súa función desde a perspectiva educativa e da perspectiva tamén se se quere emocional é manter a personalidade e iso é o que todos falamos, que todos defendemos e que imos levar a cabo dentro da situación na cal vivimos coa máxima normalidade posible a partir do día 10».
Román Rodríguez tamén indicou que, tal e como acordaron onte co Ministerio e coas outras comunidades autónomas, queren que as universidades artellen alternativas para os estudantes que están confinados e non pode presentarse aos exames.