Galicia sumou case 3.000 novos contaxios máis na última xornada, deixando en case 50.000 os casos activos totais. Ademais empeora a situación nos hospitais con 384 persoas ingresadas, ao aumentar en 24 as persoas hospitalizadas.
Na última xornada Galicia detectou 2.899 persoas contaxiadas. Deixando o total de casos activos en Galicia en 49.988 persoas.
Por áreas sanitarias, a de Vigo continúa á cabeza, aínda que baixou o seu nivel de positivos diario:
A Coruña: 9.065 (+419)
Vigo: 11.849 (+18)
Ourense: 5.421 (+301)
Santiago: 9.297 (+157)
Lugo: 4.677 (+347)
Pontevedra: 6.489 (+588)
Ferrol: 3.190 (+226)
Nos hospitais hai 24 ingresados máis, 1 na UCI e 23 en planta. En total, hai 384 persoas hospitalizadas en Galicia.
Con todo, o Sergas notificou catro decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 2.770 falecementos desde o inicio da pandemia.