jueves, noviembre 28, 2024
InicioComarcasLouriñaEntran en vigor as medidas para paliar os efectos da subida do...

Entran en vigor as medidas para paliar os efectos da subida do IBI en Salceda

O pleno da corporación municipal vén de aprobalas por unanimidade.

Trátase de medidas fiscais encamiñadas a minimizar as consecuencias e corrixir as inxustizas derivadas do procedemento simplificado de valoración catastral iniciado pola Dirección Xeral de Catastro no Concello de Salceda.
En concreto o goberno municipal puxo en marcha cinco medidas durante todo o proceso:

  1. Creación da oficina de atención á veciñanza
  2. Ampliación do prazo para a presentación de recursos
  3. Aprazamento dos atrasos
  4. Baixada do tipo impositivo do 0,5% ao 0,4%
  5. Bonificacións e exencións

Estas últimas medidas consisten na modificación da Ordenanza Fiscal nº21, reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles, sendo a baixada do tipo impositivo que pasa do 0,5% ao 0,4%, a exención de todos os recibos de menos de 7 euros e a bonificación do 90% que afectará a máis de 10.000 parcelas, as que teñen un impacto directo sobre a economía da veciñanza.
As parcelas sen construción susceptibles destas bonificacións son por un lado as que teñen aplicado por catastro o coeficiente corrector “G” e contan con menos de 450 metros cadrados de superficie, e por outro lado as que teñen aplicado por Catastro o coeficiente corrector “H” por inedificabilidade temporal.
Estas bonificacións poderán solicitarse anualmente antes do 1 de xaneiro do exercicio no que deba surtir efecto, pero excepcionalmente para este primeiro ano de aplicación o prazo de solicitude amplíase ata o 1 de marzo de 2022.
Nos próximos días farase chegar á todas as vivendas as instrucións e o modelo de solicitude, que se pode atopar na páxina web do concello, e que deberá ser entregada no rexistro xeral ou a través da sede electrónica.
Estamos ante a aprobación da maior bonificación do IBI da historia do Concello de Salceda e de todos os Concellos da contorna, que dará cabida a máis de 10.000 parcelas que se atopan en situación de inedificabilidade pero dentro do núcleo, e nas que dende sempre consideramos que se producían as situacións mais inxustas.
Estas medidas fiscais van a ter un importante impacto nas contas municipais, pero ante un procedemento desta magnitude o equipo de goberno demostra unha vez máis estar ao lado da veciñanza aportando solucións

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS