Galicia ten máis de 32.000 casos activos de coronavirus ao detectar na última xornada máis de 4.500 novos positivos. O único aspecto positivo é que a elevadísima taxa de contaxios non se traslada en presión nos hospitais, que rexistran 313 ingresados con COVID-19.
Cifra récord de 4.571 casos novos detectados por probas diagnósticas en Galicia en 24 horas, deixando a cifra total de positivos en Galicia en 32.107.
A área de Vigo continúa á cabeza con case 8.700 positivos:
A Coruña: 5.744 (+830)
Vigo: 8.694 (+734)
Ourense: 3.407 (+355)
Santiago: 5.307 (+906)
Lugo: 2.598 (+309)
Pontevedra: 4.507 (+396)
Ferrol: 1.850 (+243)
Nos hospitais hai 13 persoas ingresadas máis en planta, aínda que resta 5 nas UCI.
En total, hai 262 e 51 persoas hospitalizadas respectivamente, que deixan un total de 313.
O Sergas notificou catro decesos por mor da covid nas últimas 24 horas, que alzan a cifra a 2.757 falecementos desde o inicio da pandemia.
Tanto o presidente da Xunta como o alcalde de Vigo son contactos estreitos de positivos en COVID-19.