viernes, noviembre 29, 2024
InicioComarcasLouriñaAlejandro Lorenzo proclámase novo alcalde do Porriño

Alejandro Lorenzo proclámase novo alcalde do Porriño

Fíxoo logo de que Manuel Carrera (UDDL) se abstivese na votación do candidato á Alcaldía, á que finalmente se presentaron o propio Lorenzo (PP), Lourdes Moure (PSOE) e Pedro Pereira (BNG)

Tensión e incerteza ata o último momento e cun gran ambiente de expectación dentro e tamén fóra do salón de plenos da casa consistorial. Foi o vivido a tarde desta véspera de Noiteboa no Porriño. As diferentes opcións estaban servidas, e pesares de que fai un par de semanas que dimitira como alcaldesa Eva García de la Torre descoñecíase aínda o seu sucesor.

Dende EU SON admitiran xa esta mañá, malia desbotar esa opción ata entón por considerar que sería unha continuidade da xestión da anterior alcaldesa, que apoiarían a Lourdes Moure (PSOE), e nas intervencións previas á votación de candidato a voceira Patricia Sío confirmou que votarían á persoa que se postulase polo PSOE.

Logo de que o presidente do pleno, o concelleiro socialista Sergio Casal, abrise a quenda para que cada cabeza de lista aceptase ou non postularse como candidato á Alcaldía, Lourdes Moure corroborouse como candidata socialista, algo que estivo tamén en dúbida ata o último momento, ao ser David Alonso, o número catro do PSOE a única opción válida para UDDL. E é que para que continuase un goberno de esquerda no Porriño era preciso que os nove concelleiros (4 de PSOE, 2 de EU SON, 2 de BNG e 1 de UDDL) votasen de xeito unánime á mesma persoa.

Manuel Carrera indicou previo ao seu voto que mantiña a súa postura inicial, e como David Alonso non se postulou como candidato á Alcaldía optou por absterse. Un voto que  dixo publicamente amosando a papeleta depositada na furna, ao igual que tamén o fixeron o resto de corporativos, agás as dúas concelleiras de EU SON.

Ante o empate de oitos votos a favor de Alejandro Lorenzo (os oito concelleiros do PP) e outros tantos de Lourdes Moure, pois aínda que o BNG postulase como candidato a Pedro Pereira finalmente votou por Moure, sen maioría absoluta quedou proclamado alcalde o candidato da lista máis votada.

Trala entrega do bastón de mando, Alejandro Lorenzo saudou un a un a todos os integrantes da corporación, cos que espera «ter harmonía» e deu as primeiras palabras como novo rexedor do Porriño. Remarcou que «traballaremos como nunca, e o que así non o faga non será concelleiro deste equipo de goberno», asegurou como xa dixera na última campaña electoral que «imos partinos a carar por Chenlo, Mosende, Pontellas, Budiño, Atios, Cans, Carracido e polo casco urbano do Porriño, que ninguén o dubide, que así será». 

Lorenzo aproveitou a súa intervención para dar agradecementos a amigos, familiares, compañeiros… comezando por «dúas persoas moi importante na miña etapa como político: Jose Manuel Barros e Nelson Santos», e do mesmo xeito tampouco se esqueceu de Manuel Carrera, con quen se iniciou na política municipal integrando as listas do PP en 2007. Daquela candidatura, a día de hoxe só Alejandro Lorenzo permanece no grupo municipal do PP, a última en saír, por motivos persoais o pasado mes de xaneiro, foi Ana Martínez Paradela, exconcelleira para quen tamén tivo palabras de agradecemento. Agradeceu tamén o apoio recibido do PP provincial e autonómico.

Escoita o transcurso de toda a sesión plenaria:

 

Escoitamos tamén algunhas das declaracións logo da celebración deste pleno de investidura ao cal, por motivos COVID só pudieron asistir os medios de comunicación. Con todo, fóra eran moitas as persoas que permaneceron atentas ao que sucedía dentro, retransmitido en directo a través de SI RADIO DE GALICIA e tamén en streaming pola web do Concello.

 

David Alonso, concelleiro do PSOE:

Pedro Pereira, concelleiro do BNG: 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS