viernes, noviembre 29, 2024
InicioComarcasLouriñaGuizán conta cun novo centro social e deportivo

Guizán conta cun novo centro social e deportivo

Foi construído pola Comunidade de Montes desta parroquia mosense cos ingresos obtidos da expropiación pola ocupación dos terreos por parte do aeroporto cunha inversión de preto de 2 millóns de euros

O acto de inauguración celebrouse o pasado sábado, cunha representación da corporación municipal encabezada pola alcaldesa Nidia Arévalo, e comezou co corte da cinta por parte do presidente da Comunidade de Montes de Guizán, Jose Luis Fernández; o descubrimento da placa inaugural e a bendición do edificio por parte do cura párroco da parroquia, Eloy Perales Rodal; contou coa participación de Rubén Blanco porteiro do R.C Celta natural de Guizán e as intervencións de Julia Loureiro en calidade de veciña e concelleira da parroquia, Mª del Camen Mirou presidenta do Círculo Cultural así como a explicación técnica do arquitecto da obra Jaime Iglesias Taibo. O acto foi clausurado pola alcaldesa que fixo entrega da bandeira de Mos ao presidente dos comuneiros ao son do himno de Mos interpretado polo gaiteiro Xosé Oliveira e grupo Ruada de Torroso .

Características da infraestrutura

guizan centro

O edificio presenta un total construído de 2020 metros cadrados distribuídos en soto, planta baixa e primeira planta, no que se integran aulas de informática e cociña, sala de xogos, biblioteca, oficina para a Comunidade de Augas, Festas e Veciñais da parroquia, para a Sociedade Recreativa de Guizán e outra para a Comunidade de Montes. Aseos ,sala de xuntas, cafetería que se rexentará en concesión, salón de actos con capacidade de 230 persoas con escenario e camerino. Conta ademais con sala polivalente para ximnasias e ximnasio cos seus respectivos vestiarios.
No exterior dispón de pistas de pádel e unha polideportiva, así como un parque infantil.
O centro foi construído para uso e desfrute de todos os veciños de Guizán aínda que non sexan comuneiros.
A Comunidade de Montes de Guizán constitúese no ano 1988 e conta cun total de 192 comuneiros

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS