viernes, noviembre 29, 2024
InicioNewsO PaísO AVE chega a Galicia cunha viaxe presidida polo rei Filipe VI

O AVE chega a Galicia cunha viaxe presidida polo rei Filipe VI

Filipe VI e o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, inauguraron a primeira liña de tren de alta velocidade a Galicia co traxecto entre Madrid e Ourense, que comeza a operar para o público en xeral este martes 21 de decembro.

O rei e Sánchez subiron no novo AVE na estación de Chamartín pouco antes das nove menos cuarto, para emprender viaxe á capital ourensá xunto coa vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, e a de Transportes, Raquel Sánchez.

O tren partiu da estación de Madrid-Chamartín–Clara Campoamor un minuto antes do previsto, ás 9:44 horas. Fixo parada en Zamora, inicialmente prevista para que subira ao tren o presidente de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco. Finalmente non foi así logo de que o titular do executivo castelán-leonés asinase a disolución das Cortes da comunidade autónoma e convocase eleccións anticipadas.

Na Gudiña-Porta de Galicia, nova estación, o convoi detívose para descubrir unha placa na plataforma con motivo da inauguración desta estación. Alí incorporouse ao tren o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo.

O final do traxecto foi na estación de Ourense con acto institucional de inauguración.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS