viernes, noviembre 29, 2024
InicioNewsO PaísGalicia achégase aos 16.000 casos de COVID-19

Galicia achégase aos 16.000 casos de COVID-19

A sexta vaga da pandemia continúa imparable en Galicia con case 16.000 casos de COVID-19, tras sumar máis de 1.300 na última xornada. Vigo segue á cabeza con máis de 5.000 casos de coronavirus. 

 Os casos activos de coronavirus seguen aumentando (+508) e xa rozan os 16.000. En total, hai 15.856 persoas con coronavirus en Galicia.

 Foron detectados 1.337 casos novos por probas diagnósticas na última xornada.

Aumentan os casos activos en todas as áreas sanitarias, agás na de Ourense, que leva catro días restando persoas coa infección activa.

A área viguresa segue á cabeza das áreas sanitarias:

Vigo: 5.211 (+231)

Ourense: 2.582 (-66)

Pontevedra: 2.481 (+120)

A Coruña: 2.372 (+43)

Santiago: 1.610 (+133)

Lugo: 1.028 (+35)

Ferrol: 572 (+12)

Nos hospitais hai 10 persoas máis ingresadas en planta: Hai 51 persoas ingresadas en coidados intensivos e 241 en planta, 292 en total.

O Sergas notificou o deceso de dúas persoas con covid nas últimas 24 horas, que sitúa a cifra nos 2.722 falecementos desde o inicio da pandemia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS