Nidia Arévalo anima a apoiar a candidatura de Iván Álvarez Guedes
Mosense de 28 anos, enxeñeiro pola Universidade de Vigo e que actualmente traballa na planta de Benteler Automotive en Mos como enxeñeiro de loxística.
Fai varias semanas, a organización de RNB elixiuno para representar á provincia de Pontevedra no concurso de Míster España 2022.
Isto supón que aproximadamente sobre setembro/outubro do ano 2022 (datas aínda pendentes de concretar) irá á gala de Míster RNB España que terá lugar en Nerja, Málaga. Nela competirán 52 candidatos (un de cada provincia), dos que sairán 4 gañadores, cada un representará a España nun concurso internacional: Míster Supranacional, Míster Internacional, Míster Global e Caballero Universal.
Durante a semana de concentración en Nerja, levaranse a cabo diferentes probas e entrevistas co xurado. A excepción da proba multimedia, que é ao longo de toda a candidatura.
Actualmente hai dúas maneiras de apoiar a súa candidatura para convertelo en finalista:
- A través da rede social Instagram e finaliza o vindeiro luns, día 20 de decembro, ás 21.00 horas. Para facelo finalista habería que realizar 2 pasos: seguir a páxina de Instagram de RNB España. Ligazón https://instagram.com/rnbespana?utm_medium=copy_link e mencionar a súa conta (@IVANDEUCE) nunha publicación que subiron. Ligazón da publicación. https://www.instagram.com/reel/CXb3s18DMOF/?utm_medium=copy_link
- A través da rede social Facebook e estará activa durante toda a candidatura. Consiste en dar me gusta á páxina de Facebook de Míster RNB Pontevedra. Link: https://www.facebook.com/RNBPontevedra/
O candidato que más apoios reciba nas redes sociais conseguirá o pase directo á final.