viernes, noviembre 29, 2024
InicioNewsO PaísPreto de 2.700 escolares contaxiados de COVID-19 en Galicia

Preto de 2.700 escolares contaxiados de COVID-19 en Galicia

Os contaxios en centros escolares seguen á alza 3 xa rozan os 2.600, 710 máis que a semana anterior. O inicio da vacinación de 15.000 nenas e nenos de 9 a 11 anos agárdase que os protexa de cara ao inicio do segundo trimestre.

Os centros escolares galegos rexistran un total de 2.591 contagios de coronavirus, 710 máis (+37,7%) que a semana anterior.

Esta situación obriga a manter pechadas 214 aulas, 42 máis que fai sete días.

Segundo datos deste mércores da Consellería de Sanidade, Vigo é a área sanitaria con maior número de casos activos, con 862, o que supón 296 máis que a pasada semana. Aquí, increméntanse de 66 a 90 as aulas clausuradas. Todas as áreas computan aumentos de casos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS