A alcaldesa Nidia Arévalo finaliza o 2021 felicitando a todas estas parellas polos seus 50 anos de casados
O pasado 29 de agosto, en circunstancias normais, teríase celebrado a 31 Festa dos maiores do Concello de Mos que este ano novamente non se poido celebrar presencialmente en Costoias-Tameiga por mor da COVID-19.
“A situación derivada da crise sanitaria da COVID-19 impedíunolo, pero somos optimistas e esperamos poder retomar de seguro tan fermosa celebración o ano que vén”, sinala a alcaldesa.
Sen embargo, en Mos “non quixemos perder o bo costume de felicitar e facer protagonistas ás parellas do municipio que levan compartido toda unha vida xuntos e que son exemplo de amor, comprensión, superación e fortaleza nos lazos familiares”.
Por iso, a rexedora local na compaña do concelleira de cada parroquia, visitou nos seus fogares a cada un dos 32 matrimonios mosenses homenaxeados este ano, felicitándoos persoalmente e facéndolles entrega do detalle institucional co que tradicionalmente se lles agasalla.
Todas estas visitas realizáronse, en todo momento, “con moito sentidiño”, mantendo sempre as medidas sanitarias de prevención