viernes, noviembre 29, 2024
InicioComarcasO CondadoSalvaterra mantén as taxas e impostos municipais

Salvaterra mantén as taxas e impostos municipais

O Concello busca reducir a presión económica dos veciños e das veciñas así como dos comerciantes.

O grupo de goberno de Salvaterra de Miño anuncia a conxelación de todas as taxas municipais para o próximo ano 2022, unha medida que busca reducir a presión económica da veciñanza e dos comerciantes do municipio, según apuntan dende a administración local, igual que se fixo o ano pasado, «para conter as consecuencias económicas que se empezan a dirimir dela e da inflación que están soportando os nosos veciños e veciñas».

Trátase de impostos como o de rodaxe de vehículos, saneamento, auga e vados de aparcamento manterán o seu importe un ano máis para reducir a presión económica sobre os contribuíntes, «especialmente importante nesta situación de crisis».  Ademais dende o Concello destacan o gran esforzo que se fai coa  rebaixa fiscal que se aplicará a partir do ano 2022 tanto no imposto de rodaxe de vehículos cunha bonificación do 50% aos vehículos eficientes, o desconto do 30% da cota íntegra do Imposto sobre Bens Inmobles nos que se instalen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar e outro 30% de desconto na cota correspondente para os suxeitos pasivos que tributen por cota municipal e que utilicen ou produzan enerxía a partir de instalacións para o aproveitamento de enerxías renovables ou sistemas de coxelación no Imposto de Actividades Económicas, medidas adoptadas dentro do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible aprobado polo Concello neste ano.

«A pesares de que a recadación é fundamental para que un concello leve a cabo programas e investimentos», din dende o Concello de Salvaterra de Miño,  «neste momento o grupo de goberno cree que a prioridade é non agravar máis a situación dos seus veciños e comerciantes nun momento no que estamos vendo como a súa capacidade económica se ve disminuída en gran medida ao incremento do prezo de servicios básicos como pode ser a luz, gas,  o combustible ou cesta da compra e por iso segue mantendo os descontos no Imposto de Construcións para aquelas empresas que xeren novos postos de traballo no municipio».

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS