Case 1.300 persoas desempregadas menos en Galicia no mes que acaba de rematar. O País queda agora con 152.000 parados. Se comparamos os datos co novembro de 2020, Galicia ten hoxe 34.000 empregos menos.
Por sectores de actividade, en novembro o paro baixou especialmente nos Servizos, con case 1.000 parados menos, e en menor medida na industria, no colectivo sen emprego anterior e na construción.
Pola contra, subiu de xeito lixeiro no agro e na pesca.
No Estado, o descenso do paro en novembro foi de 74.000 persioas e a cifra total queda agora en preto de 3,2 millóns de parados.
Actualmente hai en España 125.000 traballadores en ERTE.
Por outro lado, as afiliacións á Seguridade Social rexistran ó seu mellor dato, con 19.700.0000 cotizantes.