Co obxectivo de «fortalecer a militancia e preparar as eleccións do 2023”.
O BNG elixiu ao novo responsable comarcal no Condado, na Paradanta e na Louriña e, dende este luns, Mauro Chivite coordinará durante os próximos dous anos a acción do grupo nacionalista nos 10 concellos das comarcas (os 9 de Condado e Paradanta máis o municipio do Porriño).
Nunha entrevista para os informativos locais e comarcais de Si Radio de Galicia, Chivite conta que é A Cañiza unha das localidades na que máis se terá que implicar «posto que non temos representación». Podes escoitar a entrevista aquí: