sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísTest ou PCR negativos para ir a Portugal desde o 1 de...

Test ou PCR negativos para ir a Portugal desde o 1 de decembro

Desde o 1 de decembro e até o 9 de xaneiro Portugal esixirá  proba negativa de COVID-19 emitida por autoridade sanitaria competente para todos os cidadáns que cheguen ao país luso, mesmo para aqueles que dispoñan de certificado de vacinación dixital.

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, solicitou explicacións ao goberno portugués sobre esta esixencia para os traballadores transfronteirizos:

Para viaxar a Portugal, ademais do certificado de vacinación deberemos aportar unha destas probas con resultado negativo:

Proba RT-PCR (ou proba NAAT similar) – 72 horas antes da entrada a Portugal, ou proba rápida de antíxenos (48 horas antes da entrada a Portugal).

Polo tanto, non son válidos os auto-tests que nos poidamos facer nós mercados previamente nunha farmacia.

Os nenos menores de 12 anos non necesitan presentar a proba.

Cabe destacar que non se prevén controis fronteirizos pero si poderánb establecerse controis para a comprobación destas medidas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS