Os casos activos xa están por riba dos 5.000 en Galicia e as hospitalizacións por coronavirus acadan os 140 ingresos, aínda que polo de agora non se teña detectado ningún caso da nova variante do SARS-COV-2 surafricana (ómicron).
En Galiciai hai 5.056 persoas con coronavirus, 277 máis ca o día anterior.
Foron detectados 414 casos novos contaxios na última xornada por probas diagnósticas. Cont odo son 105 menos que os diagnosticados o día anterior.
Por áreas sanitarias:
Vigo: 1.372 (+47)
Ourense: 1.351 (+88)
A Coruña: 715 (+41)
Lugo: 475 (+27)
Pontevedra: 456 (+36)
Santiago: 426 (+24)
Os ingresos nos hospitais siguen aumentando, tanto na UCI (+5) como en planta (+21). Así, a presión asistencial sobe ata as 140 persoas hospitalizadas, 26 en coidados intensivos e 114 en planta.
Con todo, o Sergas notificou un deceso por mor da covid-19, que alza a cifra a 2.667 falecementos desde o inicio da pandemia.