O home empurrou a súa muller polas escaleiras e esta sufriu lesións leves.
A Garda Civil detivo está mañá a un veciño de Tui por un presunto delito de malos tratos por violencia de xénero. Segundo confirmou a Benemérita a Si Radio, un home empurrou a súa muller polas escaleiras e esta resultou ferida leve.
Os feitos aconteceron la parroquia de Guillarei, ata onde se trasladou a Garda Civil e a Policía Local de Tui.
A nova prodúcese só un día despois da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, una lacra que este ano se acabou coa vida de 37 mulleres en España.
Todas as mulleres que estean sufrindo este tipo de violencia machista poden solicitar axuda chamando ao 016, que non deixa rastro na factura telefónica, pero que debe borrarse do terminal.