domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísA EMA apoia o uso de Pfizer para nenas e nenos de...

A EMA apoia o uso de Pfizer para nenas e nenos de 5 a 11 anos

A Axencia Europea de Medicamentos (EMA) apoia a extensión da actual licenza europea das farmacéuticas Pfizer e BioNTech para o uso da súa vacina contra a covid-19 en nenos de entre 5 e 11 anos, aínda que cunha dose menor ca a utilizada en maiores de 12 anos.

A inxección administrarase en dúas doses, cun intervalo de tres semanas entre a primeira e a segunda, subliña a axencia nun comunicado, en que sinala que os beneficios de vacinar con Pfizer os nenos nesa franxa de idade superan os riscos.

Os efectos secundarios máis comúns detectados nos ensaios clínicos foron similares aos dos maiores de 12 anos, o que inclúe cansazo, dor muscular e de cabeza, calafríos, molestias e avermellamento no lugar da inxección.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS