O anterior rematou hai tan só uns días acadando case un 80% de inserción laboral entre os seus participantes
O Concello de Mos recibe subvención autonómica para o seu 7º Programa Integrado de Emprego tras rematar o 6º fai tan só uns días, o 8 de novembro, que finalizou con preto dun 80% de inserción, tendo superado con creces o obxectivo de inserción do 45%.
O Concello de Mos porá en marcha o seu VII Programa Integrado de Emprego tras recibir a resolución da concesión de subvención a tal fin por parte da consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
Iníciase polo tanto desde a Axencia de Colocación do Concello de Mos, por parte da concellería de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, a selección das 100 persoas que participarán ao longo do ano 2021 e 2022 no Programa, o sétimo da serie Mos 3.0. e o 9º de tódolos que desenvolveu o Concello dende o ano 2015. Así o informaron hoxe a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira Julia Loureiro.
Dende hoxe ábrese a selección de participantes no Programa. Polo que, as persoas interesadas en optar a este plan xa poden efectuar a súa inscrición na Oficina virtual do Servizo Público de Emprego (https://emprego.xunta.es/…), amosando o seu interese en participar no Programa Integrado de Emprego para os anos 2021-2022, do Concello de Mos (código 930). Tamén se poderán dirixir directamente á concellería de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, situada na Axencia de Colocación de Mos (Avda. Peinador, 39, 36416, Mos), chamar ou o solicitar cita directamente no teléfono 986487786 ou no correo electrónico piemos@concellomos.es
No anterior programa de emprego conseguiuse unha porcentaxe superior ao 78% de insercións. Por iso a Consellería de Emprego e Igualdade (Xunta de Galicia), que financia estes programas, confiou novamente no noso proxecto, e financiou un programa ambicioso, no que durante 12 meses, os 100 participantes terán o seu titor e orientador/a que lles axudarán a conseguir un emprego relacionado co seu perfil, ou ben, adaptar o perfil de cada un deles ás demandas das empresas, a través de formación adaptada a esas necesidades e realmente práctica, mesmo nas mesmas empresas, e a través doutras accións transversales.
As acción nas que participarán as persoas que se integren no programa Integrado van a ser as seguintes: Información, orientación e asesoramento. Formación transversal en novas tecnoloxía e/ou idiomas. Técnicos de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea. Habilidades sociolaborales e obradoiros de entrevista. Fomento de capacidade emprendedora. Prospección empresarial. Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes. Formación para o emprego. Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctica das accións formativas. Talleres de mobilidade laboral que proporcionen información dos recursos disponibles de mobilidade transnacional no territorio da Unión Europea (redes Eures).
Anímase de igual xeito, a que calquera empresa, con necesidades a curto ou a longo prazo, que necesiten contratar persoal, contacten coa Axencia de Colocación de Mos, para axustar a programación formativa e práctica de forma máis adecuada e preparar aos participantes para esa inserción.
As representantes municipais expresaron a súa “satisfacción por lograr unha continuidade nun proxecto que realmente é efectivo na mellora da empregabilidade dos participantes e na súa inserción. Os Programas Integrados resultaron ser unha das ferramentas máis útiles dentro das políticas activas de emprego desenvolvidas desde esta concellería e desde o Concello de Mos para conseguir unha porcentaxe tan alta de insercións. Igualmente, é unha das mellores ferramentas, para traballar man a man coas empresas, cubrindo as súas necesidades de persoal, e tendo en conta as súas necesidades en canto aos perfís dos participantes, ofrecendo aos mesmos unha formación que lles permita adaptar os seus perfís a esas necesidades que as empresas nos indican”.