Os contaxios non paran de aumentar en Galicia no penúltimo mes desde 2021. Tanto a área de Vigo como a de Ourense superan xa os 800 casos activos cada unha. Os ingresos nos hospitais aumentan ata 99.
Galicia ten case tantos casos activos como tivo no pico da cuarta vaga da pandemia. A día de hoxe contabiliza 3.168 contaxios e daquela, en abril de 2021, sumaba 3.202 casos.
A suba de casos positivos é xeralizada en todas as áreas aínda que as máis afectadas son a viguesa e a ourensá:
Ourense: 836 (+85)
Vigo: 800 (+101)
A Coruña: 481 (+15)
Lugo: 336 (+34)
Santiago: 290 (+25)
Pontevedra: 270 (+24)
Ferrol: 151 (+9)
Foron detectados 373 novos casos por probas diagnósticas na última xornada, son 136 máis que un día antes.
Nos hospitais os casos tamén subiron, aínda que non na UCI, unicamente en planta: Son 99 as persoas ingresadas. Non se rexistraba un número tan elevado desde o 18 de setembro. Na UCI hai 12 persoas pero en planta son 86, quince máis que un día antes.
Ademais, o Sergas notificou un novo deceso por mor do coronavirus nas últimas 24 horas, que alza a cifra a 2.663 falecementos desde o inicio da pandemia.
Os expertos lembran a importancia da vacinación para evitar que o contaxio sea grave para o paciente. Cifran en 25 veces maior a gravidade dun contaxio de COVID-19 para unha persoa sen vacinar que para unha persoa vacinada.