lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasBaixo Miño"É unha cuestión de identidade e autoestima coñecer a historia do lugar...

«É unha cuestión de identidade e autoestima coñecer a historia do lugar no que vives»

O xornalista Christian Villaverde realizou un traballo de investigación sobre o Val de Tebra que presentará na parroquia antes de que finalice o ano.

«Todo o mundo debería coñecer a historia do lugar no que vive». Así explica Christian Villaverde por que escolleu o Val de Tebra para realizar o traballo final de grao que lle serviu para obter o título de Xornalista pola Universidade de Santiago de Compsotela. Apunta a que «é unha cuestión de identidade e autoestima como pobo, porque se un non sabe de onde vén tampouco pode saberr cara onde vai».

Mediante unha reportaxe multimedia, con fotografías, videos e elementos interactivos Villaverde percorre a historia de Tebra. Os petroglifos, «que un deles son dos máis grandes de Europa», os castros ou a que está considerada por diversas fontes como a primeira central hidroeléctrica en España son só algúns dos acontecementos que pon en valor o xornalista.

Podes escoitar a entrevista completa aquí:

 Mediante o seu perfil de Instagram da a coñecer algún dato da reportaxe.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS