A Consellería de Sanidade comezará a citar os cidadáns de 60 a 69 anos para a terceira dose da vacina da COVID-19, unha vez estea rematado o rango de 70 a 79 anos. Son un total de 395.000 persoas, que recibirán a terceira dose da vacina contra a covid–19 nalgún dos 16 puntos de vacinación masiva da comunidade autónoma.
A ministra de Sanidade, Carolina Darias:
A Comisión Nacional de Saúde Pública acordou este martes inxectar a terceira dose aos maiores de 60 a 69 anos, que se suman así aos maiores de 70, que xa a estaban recibindo, e ao persoal sanitario e sociosanitario.
A vacinación dos traballadores sanitarios e sociosanitarios é unha medida que tamén apoia a Xunta aínda que reitera a necesidade dunha planificación axeitada para unha maior eficacia do proceso de vacinación.
A ministra de Sanidade, Carolina Darias, aposta pola vacinación como ferramenta primordial para loitar contra a pandemia e sinalou que en España e Portugal o risco de morte por mor da covid é 30 veces menor que noutros países da contorna europea, grazas á ampla cobertura de vacinación.