Vacinar cunha terceira dose ás persoas de 70 a 79 anos é o que se fará nos centros de vacinación masiva, vacinódromos, abertos este venres 19 de novembro. Até final de mes a previsión e suministrar a vacina de reforzo a 250.000 galegas e galegos.
Os sanitarios piden acudir á hora:
Os doutores explican a importancia da terceira dose:
Abertos en Galicia os grandes centros de vacinación masiva, nos que se van inmunizar cunha dose de reforzo, a terceira, 290.000 galegas e galegos de 70 a 79 anos, de aquí a final de mes.
A Consellería de Sanidade pide á cidadanía que acoda a cita para protexerse coa vacinación contra a nova vaga que xa está a azoutar a Europa.
Un estudo confirma que a vacina perde eficacia aos catro meses.
Os centros de vacinación masiva repítense, agás en Vilagarcía, onde cambiou para a antiga Comandancia da Mariña, e en Pontevedra, que é o edifico de administración da Xunta de Galicia en Campolongo.
As galegas e galegos son citados mediante unha mensaxe.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, trasladouse este venres ao centro de vacinación masiva en Pontevedra, un dos lugares que cambiou fronte á primeira fase da inmunización.
Tamén se lles realiza a picada de reforzo aos galegos que recibiron a vacina de Janssen.