O Concello vén de instalar unhas plataformas de freestyle.
As persoas amantes do BMX e os skaters están de parabén en Salvaterra de Miño. E é que o concello vén de instalr unhas plataformas de freestyle que, xunto co foso, constitúen unha zona de ocio e diversión para estes deportistas atrevidos.
O obxectivo «non é outro que enriquecer a zona e adaptala ás necesidades destas emocionantes e valentes modalidades deportivas, onde os saltos, deslizamentos e demais acrobacias espectaculares están aseguradas con estes novos elementos; para iso se colocaron estas rampas aerodinámicas, que farán dos impulsos e velocidade o seus exes principal para levar a cabo esas acrobacias no aire ou sobre a varanda dunha delas», apuntan dende a administración local.
Deste xeito amplíase a oferta deportiva do Parque de A Canuda, «non sin antes lembrar aos usuarios e usuarias da mesma, da necesidade de facer este tipo de deportes coa seguridade oportuna, engadindo que, o casco, os protectores de xeonllos e as cóbadas son elementos fundamentais para a boa práctica».