lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísGalicia por riba dos 200 contaxios diarios supera os 1.700 casos

Galicia por riba dos 200 contaxios diarios supera os 1.700 casos

Segue a suba dos casos activos en Galicia. Máis de 200 contaxios detectados en 24 horas (+248). Todas as áreas sanitarias soben os seus positivos COVID-19 elevando o total en Galicia aos 1.49 casos. Algo de alivio nos hospitais que baixan dos 60 ingresados con coronavirus.

En Galicia hai 1.749 persoas con coronavirus. Foron detectados 248 novos casos por probas diagnósticas.

Todas as áreas sanitarias soben e á cabeza está a de Ourense:

Ourense: 412 (+47)

A Coruña: 367 (+26)

Vigo: 360 (+47)

Santiago: 167 (+30)

Lugo: 170 (+17)

Pontevedra: 156 (+32)

Ferrol: 117 (+10)

Os ingresos por coronavirus nos hospitais de Galicia descenden. Hai unha persoa máis en coidados intensivos (12), pero sete menos en planta (42).

En total, hai 54 persoas hospitalizadas.

O Sergas notificou dúas mortes por mor da covid–19, que alza a cifra a 2.661 decesos desde o inicio da pandemia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS