Galicia diagnosticou na última xornada 214 novos casos de coronavirus, case un cento máis (91) que un día antes. Sitúase nos 1.540 casos activos e a situación afecta tamén aos hospitais que rexitran 60 ingresados COVID-19.
Hai 173 persoas máis con coronavirus que na xornada anterior e soben en todas as áreas sanitarias. En total, 1.540 persoas sofren a covid en Galicia.
Nas últimas 24 horas detectáronse 214 novos contaxios por probas diagnósticas, 91 máis ca no día de onte.
Por áreas sanitarias:
Ourense: 365 (+33)
A Coruña: 341 (+24)
Vigo: 313 (+50)
Lugo: 153 (+19)
Santiago: 137 (+14)
Pontevedra: 124 (+10)
Ferrol: 107 (+13)
Nos hospitais galegos son 60 as persoas hospitalizadas con COVID-19. En total, hai 11 persoas en coidados intensivos e 49 en planta.
Con todo, o Sergas notificou un deceso por mor da covid, que deixa o número de falecementos nos 2.659 desde o inicio da pandemia