Desfrutarán da actuación 500 persoas no Teatro Municipal.
Aforo completo no concerto que este venres ofrecerán Tanxugueiras no Teatro Municipal de Tui. 500 persoas poderán gozar do directo deste grupo nun dos últimos concertos da xira “Contrapunto” a partir das 21.30 h.
Sobre o escenario estarán Aida Tarrío, Sabela Maneiro e Olaia Maneiro expoñentes dunha xeración aberta á evolución e reformulación das músicas de creación colectiva galega. O directo de Tanxugueiras é pura enerxía e potencia. Ligan en harmonía, naturalidade e mestría alalás, músicas e letras. Con ou sen pandeiretas, o son e forza de Tanxugueiras expándense alén do escenario para transformar o recital nunha festa. O seu repertorio móvese entre pezas íntimas e de corte tradicional con himnos que abandeiran causas.
Este venres en Tui intepretarán temas como O querer, Irmandade, Albedrío o Malquerenza. Tamén Desposorio, Perfidia ou Coda
Tanxugueiras recibiu en 2019 o Premios Martín Códax da Música ao Mellor grupo de Música tradicional e folk, e foron galardoadas co Premios MIN de la Música Independiente 2018 ao Mellor álbum galego.
Esta semana Tanxugueiras confirmaron a presentación da súa candidatura na preselección para o Festival de Eurovisión.