Será o sábado 4 e domingo 5 de decembro.
Na sétima edición da Festa do Viño de Salvaterra de Miño poderase degustar espumosos acompañados de ostras, lamprea rechea, empanada, mexillóns, tapas, embutidos, filloas, bombóns, turrón e chocolate. O sábado actuará a banda de gaitas de Pontenova e a apertura de stands ás 12 horas e ás 13:00 horas terá lugar a apertura de botellas de espumoso con «degüelle e sable». Xa pola noita, ás 21 horas, haberá actuacións musicais do grupo Reversión coa cantante Julia Rodríguez e Broken Peach.
Ao día seguinte, abrirase os stands ás 11:00 horas e media hora despois nomearase aos novos cofrades da Cofradía do Viño do Condado do Tea e espumosos. Ao mediodía,abrirase as botelas de espumoso con «degüelle e sable» e a armonía e maridaxe dos viños ao público por Luis Paadín, que é o primeiro Ambassadeur du Champagne de España. Ás 17 horas, haberá un concerto ao piano e dúas horas máis tarde a actuación do grupo Amnesia, entre outras.