domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaMos presenta un orzamento de 13 millóns para 2022

Mos presenta un orzamento de 13 millóns para 2022

Medra en 2 millóns respecto do deste ano. Inclúe un plan de inversións e é o máis alto da historia en gasto social

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, presentoulles onte ao mediodía aos grupos da oposición o orzamento municipal para 2022 que ascende a 13 millóns de euros, 2 millóns de euros superior ao deste ano. A rexedora explica que o documento caracterízase por Ser o máis ambicioso da historia do municipio, unha vez máis aprobado en tempo e forma antes do remate do exercicio en vigor, realista (ingresos axustados ao Padrón, o primeiro de Arévalo que inclúe un plan de inversións, o máis alto da historia en gasto social e cunha suba xeral en tódalas partidas.

CAPÍTULO DE GASTOS

Como novidade, destaca a creación dun novo epígrafe de apoio á hostalería dotado dunha cantidade fixa anual de 10.000 euros.

80.000 euros para emerxencias, a pesar de non ser competencia do Concello, para a base municipal con persoal e vehículos, activa todos os días do ano as 24 horas.

Renovación do parque móbil municipal: farase un leasing dun camión para vías e obras e un renting dun novo coche híbrido para a policía local.
A cantidade en limpeza triplícase.

Preto de 250.000 euros en políticas de formación e emprego, a pesar de non ser competencia municipal. Créase a aula mentor na axencia de colocación (50.000 euros de inversión).

A partida de Cultura increméntase en 100.000 euros respecto do ano pasado coa volta xa a unha relativa normalidade tras superar a fase aguda da pandemia da COVID-19.

Sobe tamén a partida destinada ao Conservatorio de Música en Torroso.

E créase un convenio co Pazo de Mos dotado de 10.000 euros anuais para mantemento de instalacións.

PLAN DE INVERSIÓNS:

  • Ata o de agora non era viable dada a necesidade da amortización de débeda de entre un millón e un millón e medio de euros ao ano, pero agora, coa baixada da débeda municipal, é posible poñer en marcha este plan.
  • Dotado de máis de 2 millóns de euros en 2022 para, entre outras, as seguintes inversións:
    • potenciación da zona da Pesqueira no Paseo do Louro con preto de 500.000 euros: instalación de alumeado do Paseo do Louro, ampliación da senda do Paseo do Louro (proxecto bianual), adquisición de terreos no Parque da Pesqueira para seguir ampliándoo e colocación dunha pista de Skate no Parque da Pesqueira.
    • saneamentos varios
    • novas dotacións nos parques infantís,
    • construción de cunetas,
    • nova entrada para o Pazo de Mos,
    • asfaltados (proxecto bianual),
    • partida para expropiacións para poder poñer en marcha outros proxectos: Estrada Pereiras-Tameiga, Segundo Pampillón,obra de mellora da mobilidade peonil e da seguridade viaria no Camiño de San Cosme e senda de Dornelas.
    • obras de ampliación da calzada no Camiño da Laxe e no Camiño de Gándara (proxecto bianual),
    • senda de Dornelas (proxecto bianual),
    • recuperación de fontes e lavadoiros,
    • adquisición de terreos do Castro de Torroso e sinalización de patrimonio cultural
    • mellora de instalacións deportivas (cofinanciada coa Xunta de Galicia): cambio de tapete de céspede no Campo de Fútbol das Baloutas, renovación de cuberta do Pavillón de Sanguiñeda, remate da mellora do Pavillón Óscar Pereiro pendente e mellora da pista deportiva de San Eleuterio.

GASTO SOCIAL:

  • O de 2022 é orzamento máis elevado da historia de Mos en gasto social, superando os 2 millóns de euros (1,6 millóns de euros en 2021).
  • Investindo en dependencia do Servizo de Axuda no Fogar 1,4 millóns de euros (300.000 € máis que este ano).
  • Mos é pioneiro en Pontevedra: non hai Concello de 15.000 habitantes que teña lista de espera cero no SAF de Dependencia en grao 2 e grao 3.
  • 95.000 euros para o Servizo de Atención Temperá.
  • Triplícase a cantidade investidas en axudas na escola (comedor, material e actividades con escolares).
  • Nova subvención para a Asociación de Mulleres Rurais.
  • Actividades con maiores

 

CAPÍTULO DE INGRESOS

  • Os ingresos baixan todos ou mantéñense axustándose ao Padrón.
  • As subidas son: na revisión de IBI urbana que fixo Catastro, na participación de Tributos do Estado que así anunciou o goberno central e no Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia.
  • Os demais axústanse á previsión exacta do que se reflicte no Padrón do exercicio anterior.

As taxas e impostos municipais non suben desde o ano 2012.

Bonificacións:

  • do 75% no imposto de rodaxe dos vehículos eléctricos,
  • e do 95% do imposto de construcións a favor das instalacións ou obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar e renovables para autoconsumo en vivendas unifamiliares.
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS