Os gobernos europeos negocian en Bruxelas os cambios nas cotas pesqueiras do 2022 propostas pola Comisión Europea. Galicia está moi pendente dos posibles recortes para as capturas e pescada, xurelo e linguado.
O Ministro de Pesca, Luis Planas:
España quere reducir os recortes anunciados como propostas nas capturas que afectan especies como a pescada, o xurelo ou o linguado, tan importantes para a frota galega.
O ministro de Agricultura e Pesca, Luis Planas, así o demandou en Bruxelas. Na reunión cos seus homólogos europeos trataron o encarecemento da enerxía e dos custos, que tamén sofren labregos e gandeiros.
Quedan 6 semanas antes do decisivo Consello Europeo de Pesca en decembro e Planas pide cambios en beneficio da frota española.
Bruxelas estuda axudas específicas para o sector. E na axenda estaban as negociacións pesqueiras co Reino Unido. Pero inicialmente non a repartición dos caladoiros propios da UE.
España rexeita as propostas da Comisión Europea, con rebaixas do 18 % para a pescada en augas ibéricas ou do 15 % nas capturas de xurelo ou linguado.