Galicia continúa sumando máis dun cento de contaxios de COVID-19 cada día e acada xa os 1.285 positivos, tras aumentar en 106 na última xornada. Na UCI hai 9 persoas e 44 diagnosticados de coronavirus están en planta nos hospitais galegos.
A área sanitaria que ten máis casos activos segue a ser a da Coruña, pero séguelle moi de preto a de Ourense e moito ollo porque a área viguesa sumou nas últimas 24 horas 51 positivos máis.
A Coruña: 317 (+19)
Ourense: 295 (+8)
Vigo: 233 (+51)
Lugo: 124 (+5)
Santiago: 113 (+10)
Pontevedra: 106 (+11)
Ferrol: 97 (+2)
As persoas hospitalizadas son 53. En total, hai 9 en coidados intensivos (-1) e 44 en planta (+8). Con todo, o Sergas notificou un deceso por mor da covid, elevando a cifra a 2.656 falecementos desde o inicio da pandemia.