O tempo de execución das obras estímase en 45 días e o orzamento de licitación é de 159.490,50 euros.
O Concello da Guarda saca a licitación as obras de humanización da rúa Manuel Rodríguez Sinde, dende o cruce coa rúa Calvario ata o cruce coa rúa San Bernardo, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Esta humanización ven a completar as realizadas na contorna, dando a este tramo de rúa a tipoloxía do casco histórico: pavimentado en pedra con plataforma única. Eliminaranse os estacionamentos para gañar espazo para os peóns, haberá un carril de rodadura de tres metros e o resto do ancho da rúa, repartido a ambos lados, estará reservado para as persoas e debidamente protexido.
Esta nova urbanización cumpre cos criterios de humanización da Deputación e converte esta rúa en accesible.
As obras contemplan a renovación dos servizos de abastacemento de auga e sumidoiro, con separación de augas pluviais e fecais, así como a preinstalación para telecomunicacións e novas acometidas para o alumeado público.