martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsO PaísManzaneda abrirá a tempada de esquí e neve o 27 de novembro

Manzaneda abrirá a tempada de esquí e neve o 27 de novembro

A estación de Cabeza de Manzaneda xa ten día de apertura. O 27 de novembro como moi tarde, se nevase antes podería adiantar a data prevista. Os operarios revisan teleférico, pistas e canóns de neve artificial por se non hai nevaradas para entón.

O turismo activo de montaña está de moda e a de Manzaneda é a única estación de esquí de Galicia. Por iso, aínda que non neve para entón, terá neve artificial para poder gozar do snowbaord ou do esquí desde o 27 de novembro.

Para impedir que a neve nas estradas trunque os plans de veciñanza e dos visitantes, a Xunta reforzou o dispositivo de vixilancia e limpeza de vías en toda a montaña ourensá coa entrega de coitelas quitaneve nos nove concellos onde máis afecta o tempo de inverno. 

Cabeza de Manzaneda está a case 1800 metros de altitude.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS