martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasLouriñaGarcía de la Torre: "Non nos vamos a poñer de xeonllos"

García de la Torre: «Non nos vamos a poñer de xeonllos»

A alcaldesa Eva García de la Torre explicou en conferencia de prensa que «se antes de negociar piden a cabeza, será imposible» diante da petiicón de Eu Son para que dimita de alcaldesa e de concelleira.

«Se Eu Son pide a cabeza para empezar a negociar, será imposible». Así responde a rexedora do Porriño, Eva García de la Torre, á petición do grupo que negocia unha moción de censura co PP para que dimitia como alcaldesa e tamén entregue a súa acta de concelleira. Fixoo nunha conferencia de prensa na que asegura que «non temos ningunha línea vermella, pero só me queda poñer a cama» diante da pregunta se é posible cederlle a alcaldía ao BNG. Incidiu en que «non nos imos a poñer de xeonllos».

Os escenarios, aseverou a rexedora, «son amplos» porque «non só hai o grupo socialista ou partido popular» e «pode darse que eu me vaia e que tampouco saia adiante unha investidura».

Foi a secretaria do partido no Porriño, Soledad Giron, a que abriu a conferencia acompañada, amáis, por outros concelleiros e concelleiras socialistas, e insistiu en que «hai que negociar».

A proposta non convence a Eu Son

García de la Torre moveu ficha onte ao propoñer que dimitía como alcadesa do Porriño pero que mantiña a acta de concelleira. Non convenceu ao grupo de Eu Son «posto que non vai seguir de alcaldesa na sombra» e porque «tan indigna é como alaldesa e como de concelleira».

Todo elo, nun contexto no que este mesmo luns Eva García de la Torre nombrou a un segundo posto de confianza, que é famiiar do actual concelleiro de medio ambiente, Sergio Casal; un día despois de que Eu Son decidira en asamblea que ía comezar as negociacións co Partido Popular para apoiar a moción de censura e facer de Alejandro Lorenzo o novo rexedor do municipio da Louriña.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS