martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsO PaísGalicia avalía ampliar o certificado COVID pola suba a 844 casos

Galicia avalía ampliar o certificado COVID pola suba a 844 casos

Galicia detectou na última xornada 101 novos casos de coronavirus e o número de persoas contaxiadas sitúase xa en 844. Ademais os casos que requiren hospitalización comezan  aumentar: 40 (12 deles en UCI). O conselleiro de Sanidade anuncia que o comité clínico valora ampliar a esixencia do certificado COVID como medida.

 Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade:

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, non descartou tomar medidas específicas para tratar de reverter a tendencia de aumento de casos de coronavirus. A ampliación da esixencia do certificado COVID está sobre a mesa do comité clínico que asesora á Xunta na pandemia.

O conselleiro enmarcou o incremento de casos que sofre Galicia na tendencia xeral que se está a vivir en toda Europa. Lembrou que aquí os datos son bos e as incidencias seguen sendo baixas grazas ás altísimas porcentaxes de vacinación.

O subcomité clínico se reunirá o venres para analizar os datos e, aínda que non hai medidas específicas sobre a mesa, non descartou que poidan tomarse se a situación empeora.

O datos en Galicia seguen sendo bos. Só a provincia de Ourense supera os 25 puntos de incidencia. Pero a tendencia ascendente, que en 15 días nos fixo pasar de pouco máis de 400 casos a case 800, obriga a manter as alertas.

Desde Sanidade analizan as posibilidades que pode ofrecer o certificado COVID, multiplican o número de probas para deter os gromos, pero lembra que o plan pactado coa hostalería era manter estables as medidas. Comesaña tamén falou da escasa repercusión nos hospitais e atribuíuno a unha campaña de vacinación que se intensifica a semana que vén.

Vacinación

«Empezaremos os primeiros días coa vacinación da segunda dose de Janssen, coa que empezaremos o día 15, e tamén empezaremos en recintos masivos co grupo de 70 a 79 anos», asegurou Comesaña.

844 casos

En total, hai 844 persoas con coronavirus en Galicia (+46).

 

Tamén soben os contaxios, que superan os 100. Foron detectados 101 novos casos por probas diagnósticas.

 

Por áreas sanitarias:

A Coruña: 224 (+24)

Vigo: 119 (+3)

Ourense: 202 (+7)

Santiago: 75 (+3)

Lugo: 68 (+3)

Pontevedra: 79 (+9)

Ferrol: 77 (-3)

 

Nos hospitais soben as persoas en UCI (+2) e en planta (+1) e xa hai máis de 40 persoas ingresadas, 12 en coidados intensivos e 30 en planta.

O Sergas non notificou decesos por mor da covid nas últimas 24 horas.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS