martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Exército do Aire de Madrid realizará exercicios de salvamento en Tomiño

O Exército do Aire de Madrid realizará exercicios de salvamento en Tomiño

Será o 11 de novembro nas proximidades de Os Muros e Vilachán do Monte. 

O Centro Coordinador de Salvamento Aéreo de Madrid (ARCC Madrid) do Exército do Aire, realizará en Tomiño o vindeiro xoves (11 de novembro), un exercicio de procura e salvamento aéreo chamado «MADRISAR-21» que constará, tanto dunha fase terrestre, como marítima.Así o comunicou á alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o capitán Alejandro Álvarez destinado no mencionado centro coordinador de salvamento.

No exercicio en fase terrestre, simularase un accidente aéreo preto da fronteira con Portugal e buscaranse os restos do avión e sobreviventes por varios puntos espallados, para logo rescatalos con helicópteros. Agárdase que participen 1 ou 2 avións e 4 helicópteros.

A zona elixida para o exercicio terrestre, que se levará a cabo de forma coordinada coa Delegación do Goberno, Protección Civil, Axega 112, Garda Civil e Cruz Vermella,  será nas proximidades das poboacións de Pinzás e de Vilachán do Monte, en horario de 9.00 a 14.30 ou 15.00h

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS